Agro-Emprega


No mes de outubro de 2011 a Dirección Xeral de formación e colocación da Consellería de Traballo e Benestar Social resolveu provisoriamente conceder á Asociación Mariñas - Betanzos a subvención solicitada para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego, por un importe de 80.120
euros en dúas anualidades.

Denominación do Programa: "Agro-Emprega". Programa para a inserción laboral no sector agrario a través da recuperación de producións agrícolas tradicionais e outras demandas dos mercados.
Ámbito Territorial: Os 16 concellos do ambito territorial de "Mariñas - Betanzos".
Tipo de Programa: Programa integrado para persoas desempregadas (Artº3a) pertencentes a todos os colectivos sinalados como prioritarios no devandito artigo, especialmente do sector agrícola.

Nº participantes: 100
Obxectivos de inserción: 35%                       Nº insercións: 35
Data de Inicio: 15/12/2011                           Data de fin: 30/06/2012
Selección dos participantes: Oficinas de Emprego de Betanzos e Coruña-Centro
PINCHA AQUI PARA SEGUER O DÍA A DÍA DE AGRO-EMPREGA