A semana do día 9 de xaneiro tense iniciado o PROGRAMA AGROEMPREGA, nas instalacións cedidas polo Concello de Abegondo para a formación teórica.Este proxecto está promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Conta coa participación de 100 alumnos/as distribuídos en 3 grupos, despois de facer unha selección entre uns 450 candidatos aproximadamente.
O Programa AGRO-EMPREGA está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego, e ten como ámbito territorial de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.
A duración do Programa é de 6 meses. Iniciouse no mes de decembro de 2011 e rematará no mes de Xuño de 2012.
Con este Programa preténdese baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a produción hortícola, con clases teóricas presenciais e on-line.
